WordPress Campus Connect é unha nova iniciativa global deseñada para introducir a estudantes de institutos e universidades no mundo de WordPress a través de eventos presenciais, prácticos e participativos. Nesta charla presentarei o programa Campus Connect: que é, como funciona e por que é clave para o futuro da nosa comunidade.
Exploraremos o formato destes obradoiros nos campus educativos, onde o alumnado adquire habilidades reais de creación web, descobre oportunidades profesionais dentro do ecosistema WordPress e conéctase coa comunidade global. Ademais, compartirei historias inspiradoras, consellos para organizar eventos e formas de implicarse como voluntario/a, mentor/a ou patrocinador/a.
Se che apaixoa facer medrar a comunidade de WordPress e queres axudar a formar á próxima xeración de desenvolvedores/as, deseñadores/as e creadores/as de contido, esta charla é para ti!
Obxectivos de aprendizaxe:
- Inspirarte para contribuír ao futuro da educación aberta con WordPress.
- Coñecer a visión e misión de WordPress Campus Connect.
- Comprender o formato e os beneficios destes eventos educativos.
- Descubrir como participar ou apoiar esta iniciativa desde a túa cidade ou país.


Strategic Growth and Partnerships Manager – LATAM & Spain e Open Source Community Strategy Leader en Automattic.
Enxeñeira Informática pola Universidade de Sevilla. Participo regularmente en seminarios e conferencias en tres continentes sobre código aberto, WordPress, traballo remoto distribuído, mulleres en tecnoloxía, neutralidade da rede, dereitos e protección de datos, desenvolvemento comunitario e moito máis.Publiquei o meu primeiro libro en 2012 como coautora de «WordPress para Dummies».
Fun a primeira e única relatora española nas dúas primeiras edicións das WordCamps Europe, celebradas nos Países Baixos e en Bulgaria. Impartín charlas en máis de 100 seminarios e eventos en Europa, América e Asia nos últimos 18 anos.