A túa academia online non vende suficiente? Revisión exprés para desbloquear as túas vendas

Tes un curso ou academia online e sentes que as túas vendas poderían ser moito mellores? Nesta sesión en directo analizarei algúns proxectos do público para detectar, en só 10 minutos, os bloqueos que poden estar freando os seus resultados.

Se envías o teu proxecto, poderás recibir un diagnóstico práctico e honesto, con recomendacións concretas para mellorar a túa proposta, o teu embude de vendas ou a túa web. E aínda que non sexas un dos seleccionados, verás exemplos reais que che axudarán a identificar melloras aplicables ao teu propio negocio.

Unha oportunidade única para poñer a túa academia baixo a lupa e saír con ideas aplicables para vender máis.

Lua Louro

Levo unha década axudando a persoas emprendedoras e marcas a impulsar os seus negocios dixitais.

Dende 2015 estou especializada na creación e escalado de proxectos online, deseñando embudes de venda efectivos e estratexias que multiplican os resultados. A miña experiencia con WordPress e sitios de membresía permíteme unir visión estratéxica e coñecementos técnicos para mellorar as vendas.