Participar como patrocinador

Sen ter en conta o paquete que elixas, pensa que na WordCamp Galicia 2025:

  • Agardamos superar o récord de 275 entradas vendidas
  • Este ano non é só WordCamp Pontevedra ou WordCamp Vigo. É moito máis. Somos unha comunidade enorme onde os grupos da Coruña, Lugo, Ferrolterra, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo se uniron para crear un evento único e inesquecible.
  • Asiste un perfil de público moi variado: márketing, desenvolvedores, SEO, creadores de contidos, responsables de tendas online, emprendedores, usuarios básicos, estudantes de comunicación da UVigo…

Busca cál é o paquete de patrocinio que mellor se adapta a túa empresa e cubre o formulario de debaixo.

Nilo Vélez

Patrocinador Ouro (2.000€). É o maior nivel de patrocinio do evento e, polo tanto, os que terán maior visibilidade tanto no lugar onde se desenvolve a WordCamp, coma na nosa web e redes sociais.

  • Presenza na nosa web. Logo grande (360×120) na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocinios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
  • Presenza en Redes sociais. Mención nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador Ouro do evento, antes e despois do mesmo.
  • Newsletter. Mención nos correos enviados ós asistentes previos ó evento.
  • 3 entradas gratis para a WordCamp para membros da vosa empresa.
  • 3 invitacións para a cea de patrocinadores, relatores, organizadores e voluntarios, ó venres á noite.
  • 1 mesa doble (4m. aprox.) na área de patrocinadores (zona de entrada ó auditorio e descansos) para colocar rollups, ofrecer merchandising e amosar os vosos produtos e servizos.
  • 1 rollup ó carón da entrada da zona de sesións da planta baixa, o sábado. E 1 rollup ó carón da área do Día da Comunidade, o domingo.
  • Impresión do logo nas acreditacións de todos os asistentes.
  • Aparición do logo individual na pantalla e o streaming durante as pausas do evento.
  • Agradecemento no acto de apertura e no de peche, no auditorio, e proxección individual do voso logo.
  • Posibilidade de realizar un sorteo no acto de peche do evento, o sábado pola tarde.
  • Posibilidade de participar nun xogo de networking que desenvolveremos durante a WordCamp.

Espazo destacado na revista-recordo do evento, no que poderedes falar da relación da vosa empresa co evento, con WordPress ou co aprendizaxe para amosar un lado máis persoal e próximo. E impresión do logo da vosa empresa na contraportada da revista xunto co resto de patrocinadores.

Se queres ser Patrocinador Ouro, escolle esta opción no formulario.

Patrocinador Prata (1.400€). É o segundo nivel de patrocinio, e permitirache dende a zona de patrocinadores ter moita presenza para sacar o máximo proveito ao evento.

  • Presenza na nosa web. Logo mediano (260×100) na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocinios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
  • Presenza en Redes sociais. Mención nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador Prata do evento, antes e despois do mesmo.
  • Newsletter. Mención nos correos enviados ós asistentes previos ó evento.
  • 2 entradas gratis para a WordCamp para membros da vosa empresa.
  • 2 invitacións para a cea de patrocinadores, relatores, organizadores e voluntarios, ó venres á noite.
  • 1 mesa (2m. aprox.) na área de patrocinadores (zona de entrada ó auditorio e descansos) para colocar rollups, ofrecer merchandising e amosar os vosos produtos e servizos.
  • 1 rollup ó carón da área do Día da Comunidade, o domingo.
  • Impresión do logo nas acreditacións de todo os asistentes.
  • Aparición do logo na pantalla e o streaming durante as pausas do evento xunto co doutro patrocinador Prata.
  • Agradecemento no acto de apertura e no de peche, no auditorio, e proxección do voso logo xunto co doutro patrocinador Prata.
  • Posibilidade de participar nun xogo de networking que desenvolveremos durante a WordCamp.

Banner publicitario na revista-recordo do evento, no que poderedes destacar algunha promoción, novidade, ou redireccionar á vosa web ou landing. E impresión do logo da vosa empresa na contraportada da revista xunto co resto de patrocinadores.

Se queres ser Patrocinador Prata, escolle esa opción no formulario.

Patrocinador Bronce (500€). Se queres apoiar o evento pero non podes pasarte o día tras dunha mesa de patrocinadores… Este é o teu paquete perfecto!

  • Presenza na nosa web. Logo pequeno (200×80) na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocicnios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
  • Presenza en Redes sociais. Mención nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador Bronce do evento, antes e despois do mesmo.
  • 1 entrada gratis para a WordCamp para un membro da vosa empresa.
  • 1 mesa compartida na área de patrocinadores (zona de entrada ó auditorio e descansos) para colocar rollups e ofrecer merchandising.
  • 1 rollup ó carón da mesa compartida, o sábado.
  • Aparición do logo cos demais patrocinadores Bronce na pantalla e o streaming durante as pausas do evento.
  • Agradecemento no acto de apertura e no de peche, no auditorio, e proxección do voso logo xunto cos demais patrocinadores bronce.

Impresión do logo da vosa empresa na contraportada da revista xunto co resto de patrocinadores.

Se queres ser Patrocinador Bronce, escolle esa opción no formulario.

Patrocinador Ludoteca (600€). Se es unha empresa comprometida coa conciliación familiar e queres ter unha presenza destacada en liña cos vosos valores, este é o voso paquete!

Sabemos que a conciliación familiar é moi complexa na sociedade actual. En Pontevedra, intentamos axudar ás familias con nenos e nenas, para que poidan asistir ao evento e os pequenos non se morran de aburrimento en charlas que (aínda) non lles serán útiles.

Por iso, grazas a este patrocinio, contratamos a profesionais que poidan coidar e facer actividades cos máis pequenos da casa (nova xeración de WordPressers!).

  • Presenza na nosa web. Logo na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocinios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
  • Presenza en Redes sociais. Mención desatacada nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador da Ludoteca do evento, antes e despois do mesmo.
  • Agradecemento nun post no noso blog por facilitar que poidamos ofrecer este servizo no noso evento.

Espazo destacado na revista-recordo do evento como patrocinador da Ludoteca do evento.

Se queres ser Patrocinador da Ludoteca e recibir o agradecemento de moitas familias, escolle esa opción no formulario.

Patrocinador Polbeiro (2.000€). Se queredes diferenciarvos dos outros patrocinadores e apetécevos que a vosa empresa sexa a raíña da festa, este é o paquete ideal!

Despois da despedida oficial no auditorio celebramos o noso tradicional peche do sábado, na planta baixa da facultade. Un momento marabilloso para compartir e falar nun ambiente festivo. E que mellor que acompañado dun auténtico «polbo á feira»!

Con este patrocinio, axudas co gasto dun fiel protagonista en calquera festa galega que se converteu en símbolo indiscutible da WordCamp Galicia.

  • Presenza na nosa web. Logo na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocinios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
  • Presenza en Redes sociais. Mención desatacada nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador da Polbeiro do evento, antes e despois do mesmo.
  • 1 rollup ó carón da zona da festa, o sábado.
  • Agradecemento no acto de apertura e no de peche, no auditorio, e proxección do voso logo como patrocinador Polbeiro.

Espazo destacado na revista-recordo do evento como patrocinador Polbeiro do evento.

Se queres ser Patrocinador Polbeiro e recibir o cariño da xente, escolle esta opción no formulario.

Patrocinador Espazo Conecta (500€) Se a vosa empresa se caracteriza por promover as oportunidades laborais, impulsar as colaboracións entre profesionais, ou simplemente, vos apetece axudar a crear un espazo de relacións máis empresariais, este é o voso paquete.

Este ano repetimos unha zona na que, ademais de facer networking mentres tomas un café ou o que queiras, poderás facelo de maneira máis comercial: o Espazo Conecta.

Poderás patrocinar un busco/ofrezo, un espazo con conversas dirixidas e interesantes entre profesionais, e con algo máis de tranquilidade que co balbordo da comida. Se ademais queres xestionar o espazo, fáinolo saber.

  • Presenza na nosa web. Logo na sección de patrocinadores e na páxina de Patrocinios con ligazón a unha páxina con información sobre a vosa empresa.
  • Presenza en Redes sociais. Mención desatacada nas nosas redes sociais (Instagram, X, LinkedIn, Facebook) como patrocinador do Espazo Conecta do evento, antes e despois do mesmo.
  • 1 rollup ó carón da zona do Espazo Conecta, o sábado.
  • Agradecemento no acto de apertura e no de peche, no auditorio, e proxección do voso logo como patrocinador do Espazo Conecta.

Espazo destacado na revista-recordo do evento como patrocinador Espazo Conecta do evento.

Se queres ser Patrocinador do Espazo conecta e axudarnos con este experimento, escolle esta opción no formulario.

Antes de cubrir e enviar o formulario, le atentamente, a seguinte información.

O tamaño do logo vai en relación co nivel de patrocinio: Ouro, grande. Prata, mediano. E bronce, pequeno. Ludoteca, Polbeiro e Zona Conecta, grande. E patrocinios en especie, pequeno.

Os paquetes de patrocinio resérvanse por orde de chegada do formulario. Pode que aparezan como dispoñibles nesta páxina pero que xa estean reservados (non se actualiza máxicamente). Se ese fose o caso, porémonos en contacto contigo para reservar un de outro nivel!

Como verás, este ano non ofrecemos introducir material na bolsa de benvida porque imos ofrecer unha entrada máis sostible sen swag (nin camiseta nin bolsa). Aínda así, estamos ideando opcións para que o impacto dos vosos patrocinios non se vexa reducido, senón ao contrario!

Se queres patrocinar en especie, non atopas un paquete que se axuste as túas necesidades, ou queres achegarnos algunha idea de patrocinio, elixe a opción <<Outro>> no formulario.

Cubre el siguinte formulario y haznos llegar tu interés por colaborar. La fecha límite para enviar formularios es el 3 de agosto de 2025 a las 23:59 horas o hasta completar los patrocinios disponibles .

Estás interesado nalgún outro paquete?

Responsable: WordCamp Galicia Organización. Finalidad de la recogida y tratamiento de los datos personales para gestionar la lista de ponentes del evento. Legitimización: Consentimiento del interesado. Derechos: Podrás ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y suprimir los datos en galicia@wordcamp.org, así como el derecho a presentar una reclamación ante una autoridad de control. Destinatarios: Este formulario se envía por correo y los datos que me facilitas se almacenarán en el hosting de WordPress. No se cederán a terceros. Información de política: Puedes consultar información adicional sobre el tratamiento de datos en Política de privacidad.

Subscríbete ó noso blog

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
OURO
PRATA
BRONCE
En especie
POLBEIRO
LUDOTECA
ESPAZO CONECTA