Se es das persoas organizadas que marcan todo no calendario con meses de antelación, seguramente xa tes o teu aloxamento reservado para a WordCamp Galicia 2025 en Pontevedra.
Pero se es das que o deixan para última hora, porque estiveches a mil cousas ou porque che vai máis improvisar… non te preocupes! Aquí deixámosche algunhas ideas para atopar onde quedar esa fin de semana.


Hoteis, hostais e albergues para todos os gustos
Pontevedra ten moitas opcións de aloxamento e para todos os petos: desde albergues frecuentados por peregrinos ata hoteis no centro con todas as comodidades. Incluso podes darte un capricho e durmir no parador da cidade.
Aínda que a WordCamp celébrase no Campus Universitario, as distancias en Pontevedra son curtas, así que podes buscar aloxamento en calquera zona (¡o casco vello é unha marabilla!) e moverte comodamente a pé. Así aproveitas para coñecer mellor a cidade mentres vas e vés das actividades.
Compartir aloxamento: máis económico e máis divertido
¿Vés con máis xente ou queres compartir gastos e experiencias?
Quizais un hotel non sexa o máis axeitado. Plataformas como Airbnb ou Booking teñen pisos e apartamentos que podes compartir con outras persoas asistentes á WordCamp.
E se queres quedar uns días máis ou combinar a viaxe cunha estancia de traballo remoto en plena natureza, bótalle un ollo a Anceu Coliving. É un espazo colaborativo, ideal para coñecer a outros nómades dixitais. Ademais, colaboran connosco no do_action!
¿Nada libre? ¡Pide sofá!
¿Non atopas nada libre? Pide sofá!
E se todo falla… pensa nesas amizades que tes en Pontevedra ou arredores. Seguro que alguén pode botarche unha man e ofrecerche un sofá onde descansar despois dun día intenso de charlas, networking e churrasco 😄


Lembra
Vas pasar máis tempo na WordCamp que no aloxamento, así que non te estreses se non atopas o sitio perfecto. O importante é que veñas e desfrutes do evento.
Xa non tes desculpa…
👉 Merca a túa entrada e vémonos do 3 ao 5 de outubro en Pontevedra.
¡Vai ser inesquecible!
Aínda non tes a túa entrada?
Se queres acudir ás Conferencias e ó Día da Comunidade, non esquezas mercar a túa entrada