Entradas

Coa túa entrada ademais de colaborar cos gastos do evento estarás apoiando o open source. Un prezo moi reducido para que sexa accesible para calquera, gracias por suposto, ós nosos patrocinadores e as súas aportacións para que isto sexa posible.

Merca a túa entrada e non te perdas un evento único no que vivir unha experiencia enriquecedora tanto a nivel profesional como persoal.

Agardamos por ti, para aprender, compartir e divertirnos xuntos!

A entrada da acceso a todas as actividades dos días 4 e 5 de outubro.

Por un lado, ás conferencias do sábado e, por outro, o Día da Comunidade ou Contributor day, o domingo.

Están incluídas todas as comidas destes días. O xantar do sábado e do domingo. Así como café / infusións/ auga durante as pausas do evento, que se realizarán pola mañá e pola tarde. E o polbo ó rematar as conferencias do sábado!

Paco Marchante entradas
paco marchante entradas

Tamén poderás acudir á after party (ou festa rachada) do sábado pola noite, onde tomar algo de forma máis distendida con outros asistentes ó evento.

Ademais, inclúe unha acreditación personalizada… e algunha sorpresa máis!

E se queres podes engadir o pack de benvida (camiseta conmemorativa e bolsa de algodón reciclado) para empregar durante o evento ou gardar de recordo.

IMPORTANTE: A inscrición ás actividades do venres 3, é diferente á entrada xeral. Esa actividade é GRATIS e podes inscribirte na seguinte ligazón: Taller de WordPress e do_action.

  • Es estudiante ou profesor da Universidade de Vigo? Temos un desconto do 60 % para as primeiras 55 entradas de persoas desta comunidade que o acrediten, quedando o prezo da entrada en 12€Contacta con nós para que xeremos o teu cupón personalizado. Só tes que enviarnos os teus datos e unha acreditación de que formas parte da comunidade universitaria.
  • Queres optar a ser relatorvoluntario ou patrocinador? Non merques aínda a túa entrada. Se resultas seleccionado, a asistencia será de balde para ti.
  • Os menores non precisan mercar entrada. Pero se queres utilizar o servizo de ludoteca, reserva a túa praza canto antes.
  • Utilizamos o sistema Gravatar para mostrar a foto ou avatar dos asistentes na páxina de asistentes. Se queres que a túa foto apareza no listado e na túa acreditación personalizada, abonda con crear unha conta e asignarlle o teu avatar ou foto ó correo electrónico que utilizarás para adquirir a túa entrada.
  • AUTORIZACIÓN: Polo ben da comunidade e con fins de promoción, haberá voluntarios e/ou fotógrafos profesionais na WordCamp Galicia 2025. Ó acudir o evento autorizas a utilización da túa imaxe se apareces en fotos ou vídeos que se poidan tomar que mostren a túa participación na WordCamp.

Antes de comprar as túas entradas, por favor, accede coa túa conta de WordPress.org*.

Se non tes unha conta, por favor, crea unha.

* Esta é a túa conta da web oficial de WordPress.org, non a do teu sitio WordPress persoal.

Descrición Prezo Quedan Cantidade

Acceso o sábado ó día de conferencias, e o domingo, ó Día da Comunidade. Sen camiseta nin bolsa de recordo. 🌱 Acceso el sábado al día de charlas y el domingo al día del contribuidor. Sin camiseta ni bolsa de recuerdo. 🌱
€ 25.00 46

Acceso o sábado ó día de conferencias, e o domingo, ó Día da Comunidade. Recibirás unha camiseta e unha bolsa de recordo do evento. Acceso el sábado al día de charlas y el domingo al día del contribuidor. Recibirás una camiseta y una bolsa de recuerdo del evento.
€ 30.00 25

Aparte do que ofrece a entrada xeral, amosaremos o noso agradecemento poñendo unha ligazón nesta web por colaborar en facer unha gran WordCamp. Aparte de lo que ofrece la entrada general, mostraremos nuestro agradecimiento poniendo un enlace en esta web por colaborar en hacer una gran WordCamp.
€ 70.00 9

Acceso o sábado ó día de conferencias, e o domingo, ó Día da Comunidade. Recibirás unha camiseta e unha bolsa de recordo do evento. Prezo reducido para as primeiras 50. Acceso el sábado al día de charlas y el domingo al día del contribuidor. Recibirás una camiseta y una bolsa de recuerdo del evento. Precio reducido para las primeras 50.
€ 25.00 0 Sold out
Fai clic aquí para introducir un código de cupón


Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
OURO
PRATA
BRONCE
En especie
Sticker Mule
POLBEIRO
LUDOTECA
ESPAZO CONECTA