Playground, a mellor ferramenta xamais inventada para ensinar WordPress

É posible que oíras falar de Playground e pode que ata cacharrearas con el, mais nesta charla vou ensinar por qué é unha ferramienta de formación alucinante.

Para iso imos ver un pouquiño de cómo funciona, cómo se pode usar na aula e qué ten que ver cun test de embarazo.

NiloVelez

Levo media vida facendo páxinas web e gústame pegarlle a todo os paus, podo fritirche unha camisa ou pasarlle o ferro a un ovo.

Son un namorado de WordPress, plataforma na que levo dende que era unha cousa pequeniña que só servía para facer blogs.

Intento devolverlle algo do moito que me deu colaborando coa comunidade en todo o que podo. Axudo en foros, Meetups e WordCamps, e son moderador de tradutores de español de España (es_ES), de directorio de fotos e de WordPressTV