Taller e do_action hackathon

Levamos uns anos organizando estas actividades previas á WordCamp nas que atraer a xente nova á nosa Comunidade. Pensamos que é un xeito de amosar as posibilidades desta ferramenta, e facerlles comprender que non son cousas só de frikis.

Por iso, coordinamos dúas actividades distintas nun mesmo día e lugar, no que xuntar a principiantes, usuarios e profesionais de WordPress.

Esta actividade está pensada para calquera que lle interese descubrir cómo vai iso de crear webs. Que sempre quixera ter unha web pero que lle dea perguiza, ou que lle pareza demasiado complicado para facelo pola súa conta.

Da man dun/ha gran profesional, adentraraste no mundo de WordPress e descubrirás o sinxelo e rápido que é crear unha web con este xestor.

Santiago Rodriguez
Nilo Vélez

do_action, simplemente é a forma que ten a Comunidade de WordPress de nomear a un evento no que nos reunimos para planificar e crear o sitio web dunhas organizacións sen ánimo de lucro de ámbito local nun só día.

Gracias ós participantes do taller de iniciación, a calquera que queira participar, e á Comunidade de WordPress, conseguiremos mellorar a visibilidade e presenza dixital destas asociacións para axudar a que os seus proxectos teñan un maior alcance.

MOI IMPORTANTE

Tanto o Taller de Iniciación coma o do_action son DE BALDE e independentes da celebración da WordCamp ó día seguinte.

Anímate a participar e ser parte da nosa comunidade!

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
OURO
PRATA
BRONCE
En especie
POLBEIRO
LUDOTECA
ESPAZO CONECTA