Participar como voluntario

Unha WordCamp é só posible grazas ao traballo e ilusión de persoas voluntarias.

As persoas que colaboramos no equipo de organización, no equipo de voluntarios ou os relatores, non obtemos ningunha retribución económica. Pero iso non quere dicir que non gañemos nada.

Ver o resultado do noso esforzo, os froitos do noso traballo, como todos os participantes levan un bo recordo, é unha experiencia inesquecible, é unha recompensa, unha sensación de satisfación e crecemento persoal incalculable.

Na WordCamp Galicia queremos que compartas esa experiencia e sentimento con nós.

nilo-Voluntarios

Necesitamos persoas que desexen compartir un anaco do seu tempo para lograr que a WordCamp Galicia 2025 acade o mesmo éxito que nas edicións anteriores.

Se queres participar formando parte do equipo de voluntariado da WordCamp Galicia 2025, o único que precisas é ter gaña e involucrarte coa comunidade de WordPress.

Coméntanos por qué queres ser voluntario. Non o penses, faino xa!

Ser voluntario na WordCamp Galicia, convértete nun peza esencial do seu éxito.

Compartes o tempo e a experiencia co equipo de organización e relatores. Coñeces e falas con visitantes de todos os lugares.

Ademais, recibes a camiseta exclusiva para voluntarios e a nosa característica bata galega. Unha prenda que poucos teñen, pero moitos desexan!

Como membro do equipo de voluntariado, a entrada é de balde, incluida a comida do evento, e poderás disfrutar da invitación á cea de relatores, organización e voluntarios.

paco-voluntarios
eneko-voluntarios

Como parte do equipo de voluntarios, asignámosche unha serie de tarefas para que, na medida do posible, poidas desfrutar de todas as actividades que che interesen do evento.

Máis durante o día, xurden situacións non planificadas ou imprevistos nos que a túa axuda será esencial. Por iso, ser unha persoa resolutiva en proactiva é algo que che agradecerémos moito.

Hai moitas encomendas, tarefas ou recados nos que podes colaborar, e que supoñen unha gran axuda. Algunhas coma:

  • Recibir no rexistro ós asistentes para darlles a benvida e entregarlles as acreditacións, as camisetas, o pack de benvida…
  • Supervisar e colaborar nas horas do café e comida para que non falte de nada.
  • Asistir ós relatores e patrocinadores cando o precisen, e axudar ós asistentes a ubicarse.
  • Levar o control dos tempos nas sesións, mover os micrófonos entre os asistentes durante os turnos de preguntas.
nilo-voluntarios1
MOI IMPORTANTE

Sería xenial se, como voluntario, puideramos contar contigo en Pontevedra desde o venres 3 de outubro á tarde.

Así poderás coñecer o lugar, ao resto do equipo e podemos facer axustes da asignación de tarefas se fose necesario.

O prazo de inscrición aínda non está aberto. Mantente atento á Chamada a voluntarios seguindo as novas a través do noso blog.

Subscríbete ó noso blog

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
OURO
PRATA
BRONCE
En especie
POLBEIRO
LUDOTECA
ESPAZO CONECTA