A túa web de cursos baixo o microscopio: o que convence e o que espanta

¿Tes unha academia online ou vendes cursos a través da túa web?


Na charla “A túa web de cursos baixo o microscopio: o que convence e o que espanta”, faremos unha auditoría en directo de webs reais para analizar o que funciona (e o que non) á hora de vender formación online.Se queres que revisemos a túa web durante o evento e recibir consellos prácticos para mellorar a conversión, envíanola agora!

Será unha oportunidade única para ver a túa web con ollos expertos… e saír con ideas claras para vender máis.

Lidia Marbán

Son desenvolvedora web especializada en WordPress, optimización dixital e solucións eficientes, seguras e orientadas ao SEO. Axudo a negocios e marcas a fortalecer a súa presenza en liña a través de sitios web estratéxicos e ben mantidos. Enxeñeira en Sistemas con máis de 10 anos de experiencia, participei nunha ampla gama de proxectos tecnolóxicos, sempre cunha visión centrada na innovación, a colaboración e a equidade.

A miña traxectoria en WordPress comezou como voluntaria en WordCamp 2016. Dende entón asumín diversos roles: organizadora de voluntariado (2017), de relatores (2018) e Lead Organizer (2019 e 2022). Liderei eventos como WordCamp Centroamérica 2021 e Voces que Inspiran 2025, un espazo dedicado a empoderar a mulleres en tecnoloxía.

Na actualidade son Program Supporter (anteriormente Deputies) para a comunidade global de WordPress, lidero iniciativas en WordPress Latam e exerzo como mentora de comunidades e eventos na rexión. Ademais, son Embaixadora de Women Techmakers e colaboro como voluntaria no programa GDG Pura Vida en Costa Rica.Apaixoada polo movemento Open Source, creo firmemente no poder das comunidades para transformar realidades, abrir oportunidades e construír un futuro máis xusto e inclusivo.