Crea, escala, simplifica o ciclo real dunha escola en liña

Nesta charla compartirei a miña experiencia real acompañando a un cliente no lanzamento e evolución da súa escola en liña con WordPress. Comezamos polo máis sinxelo e, a medida que medraban as necesidades, fomos incorporando un sistema de membresía, pagamentos en liña, un LMS profesional integrado cun potente CRM e unha comunidade social.

Pero non todo foi crecemento: tamén falarei do momento no que, ante un entorno cambiante e novos retos, optamos por “desescalar”, simplificando procesos e ferramentas para optimizar recursos e adaptarnos mellor á realidade do proxecto.

Veremos recursos, exemplos prácticos e consellos para escoller o camiño máis axeitado segundo as necesidades de cada escola en liña, sen medo a probar, escalar, optimizar ou mesmo dar un paso atrás cando sexa necesario. Unha charla pensada para compartir acertos e erros, e inspirar a quen queira crear ou mellorar a súa escola con WordPress.

Maite Gonzalez Ruiz de Velasco

Traballo no sector do márketing dixital desde o 2004 e, en concreto, no ámbito da formación dixital desde o 2008 como especialista en deseño web e márketing. Axudei a empresas e profesionais a lanzar e escalar os seus proxectos educativos en liña, desenvolvendo portais de formación, sitios web para escolas e academias, plataformas e-learning e campañas de captación de alumnado a través de tráfico de pago.

En 2019 lancei a miña primeira escola en liña con WordPress e, desde entón, acompañei a diferentes clientes no deseño, implementación e optimización das súas academias dixitais. Ademais, coñezo a formación desde ambos lados: tamén impartín clases, o que me permite entender as necesidades tanto das persoas formadoras como do alumnado.

Desde 2017 participo activamente na comunidade WordPress, tras asistir á miña primeira WordCamp en Madrid. Sempre que podo, acudo a estes encontros. Gústame compartir coñecementos e aprender da comunidade, convencida de que a colaboración e o intercambio de experiencias son claves para o crecemento profesional e persoal.