Como montar un proxecto formativo con cabeza: estratexia, estrutura e plugins

Neste obradoiro práctico imos destripar en directo como montar ben un proxecto formativo con WordPress. Desde os obxectivos ata a estrutura, pasando por CPTs, plugins e contidos, todo con cabeza e con estratexia.

Se estás a pensar en lanzar un curso ou unha academia en liña, aquí levaraste a folla de ruta para facelo ben desde o minuto un (e non rematar cunha web montada con cinta americana).

Yannick Garcia

Son consultor WordPress e formador. Levo anos axudando a deseñadores, desenvolvedores e demais valentes que teñen que montar webs (incluíndo academias, cursos en liña ou membresías) a facelo con cabeza e non ás tolas.

Nada de meter plugins ao chou nin temas recargados que parecen árbores de Nadal.

En La Máquina del Branding ensino a estruturar webs escalables con estrutura personalizada, só cos plugins necesarios e cunha estratexia clara. Se tes unha idea de curso, eu axúdote a convertela nunha web ben montada, estable e pensada para medrar.