#WCGalicia 2025
O que ven é grande
3/5 de Outubro de 2025
PONTEVEDRA




COMIDA, NETWORKING E AFTER PARTY
á galega

Aprende con WordPress
En 2024 organizamos dúas WordCamps: Pontevedra e Vigo. E decatámonos de que non tiña sentido percorrer o camiño por separado.
Porque o que nos une fortalécenos. e o que divide sepáranos.
Foi así como naceu WordCamp Galicia!
WordCamp Galicia é a primeira WordCamp de Galicia que, como unha boa xuntanza, reúne a todos os grupos locais de WordPress: A Coruña, Ferrolterra, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo nun evento de tres días.
Unha WordCamp é un lugar de encontro aberto se queres impulsar o teu proxecto, escalar o teu negocio, conectar con novos contactos, inspirarte, refrescar os teus coñecementos, descubrir novas ferramentas, recargar enerxías e comer e beber como fan en Galicia.
E todo, por suposto, co apoio, o sustento e o respaldo da nosa tecnoloxía insignia de código aberto: WordPress.
Se che gusta WordPress, tes un proxecto de formación, unha páxina web, un blog onde compartes coñecementos, traballas en algo relacionado co mundo dixital ou simplemente queres descubrir como é unha WordCamp, non podes perderte esta gran celebración.

Anímate a participar! Esperámoste do 3 ó 5 de outubro na Facultade de Comunicación de Pontevedra.
Participa na WordCamp Galicia 2025
WordCamp Galicia é un evento sen ánimo de lucro organizado por membros da Comunidade de WordPress en Galicia de xeito desinteresado.
Un percorrido de meses que non se podería levar a cabo sen a participación e colaboración de moitas persoas que se converten en pezas indispensables do noso equipamento.

Patrocinadores
Axúdanos cos gastos do evento, e apoia o Open Source e os seus valores para que o noso ecosistema siga medrando.

Relatores
Inspira ou axuda a outras persoas compartindo a túa experiencia e coñecementos nun ambiente moi receptivo e participativo.

Voluntarios
Bótanos unha man con algunhas tarefas, e coñece todo o que hai detrás dun evento así, coma un membro máis do noso equipo.

Asistentes
Accede ás actividades, conecta cos demais, repón forzas coa nosa comida tradicional, e faite co pack de benvida mercando a túa entrada.
Localización
A WordCamp Galicia celebrarase na Facultade de Comunicación no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.
Dirección: Campus Universitario da Xunqueira, s/n 36005 – Pontevedra
Necesitas máis información?
Se aínda non tes claro se este gran evento é para ti e precisas máis datos, podes consultar a seguinte información:
Últimas novas
Subscríbete ó noso blog
Inscríbete na lista de prioridades e avisarémosche a medida que se achegue o evento, con aviso previo, actualizacións do blog, próximas actividades e todo o demais que precises saber.