Pilar Mera

Pilar Mera

Ola, son Pilar, teño 39 anos e vivo en Abegondo.

Desde 2014 son autónoma e traballo con axencias, con outros freelances e directamente con pequenas empresas facendo ou refacendo -intento non desfacer nada ;)- proxectos web (páxinas, tendas, algún software de administración, boletíns internos, etc.), moitos deles en WordPress. Gústame dicir que o que fago é albanelería web.

Teño contribuído ás traducións ao galego do WordPress e dalgúns temas e plugins, aínda que de forma esporádica e pouco regular. O mesmo con algunhas contribucións ao desenvolvemento inicial en GitHub do TwentyTwenty e do TwentyTwenty One -para participar no Hacktoberfest-. Asistín ás dúas WordCamp de Pontevedra e confío en asistir tamén á do ano que vén e á europea do Porto. Fóra diso, o certo é que non participo moito na comunidade WordPress, pero quero pouco a pouco ir facendo algunha achega, ir «devolvendo» de tanto que recibín, como sempre se di.

Por iso me animei con isto dunha charla para a WordCamp. É a miña primeira vez! Estou preparando a recuperación do meu blog Todo Depende, que comezara en 2007 e abandonei en 2014. A ver se consigo publicalo ao longo deste mes na miña web, https://pi-comunicacion.com. Aí teño previsto volver colgar tanto historias e contidos do meu interese coma algún titorial ou experiencia con WordPress e outras ferramentas web que emprego con frecuencia. Tamén teño previsto refacer o proxecto refraneirogalego.com que lanzara en 2011 e convertilo nunha web app empregando Frontity. Moitas previsións… a ver cantas se converten en realidade 🙂

Ademáis de albanelería web tamén fago algo de música e vídeos: son a metade do grupo Fununcan, e gústame ler, escribir e fedellar con cousas.

Hola, soy Pilar, tengo 39 años y vivo en Abegondo.

Desde 2014 soy autónoma y trabajo con agencias, con otros freelances y directamente con pequeñas empresas haciendo o rehaciendo -intento no deshacer nada ;)- proyectos web (páginas, tiendas, algún software de administración, boletines internos, etc.), muchos de ellos en WordPress. Me gusta decir que lo que hago es albañilería web.

He contribuido a las traducciones al gallego de WordPress y en la de algunos temas y plugins, aunque de forma esporádica y poco regular. Igualmente con algunas contribuciones al desarrollo inicial en GitHub de TwentyTwenty y de TwentyTwenty One -para participar en el Hacktoberfest-. Asistí a las dos WordCamp de Pontevedra y confío en asistir también a la del año que viene y a la europea de Porto. Aparte de eso, lo cierto es que no participo mucho en la comunidad WordPress, pero quiero poco a poco ir haciendo alguna aportación, ir «devolviendo» de tanto que recibí, como siempre se dice.

Por eso me animé con esto de una charla para la WordCamp. ¡Es mi primera vez! Estoy preparando la recuperación de mi blog Todo Depende, que comencé en 2007 y abandoné en 2014. A ver se consigo publicarlo a lo largo de este mes en mi web, https://pi-comunicacion.com. Ahí tengo previsto volver colgar tanto historias y contenidos de mi interés como algún tutorial o experiencia con WordPress y otras herramentas web que empleo con frecuencia. También tengo previsto rehacer el proyecto refraneirogalego.com que lancé en 2011 y convertirlo en una web app usando Frontity. Muchas previsiones… a ver cuantas se convierten en realidad 🙂

Además de albañilería web también hago algo de música y vídeos: soy la mitad del grupo Fununcan, y me gusta leer, escribir y experimentar con cosas.

Sesión